Pages

sábado, 25 de abril de 2015

Pura Vida

Parella de peixes globo. Foto: Nina Moysi

Así, desta forma tan fermosa e tan auténtica, saúdanse en Costa Rica. Nin ola, nin que tal, nin bos días, tardes ou noites; PURA VIDA. Unha mensaxe vital en cada saúdo. Dúas palabras con moita carga de profundidade combinadas para dicir moitas cousas. Precisamente desta forma denominaron Óscar e Zigor a súa pequena escola de mergullo fronte ao mar. Unha “empresa” que na práctica é unha gran familia. 

xoves, 23 de abril de 2015

Meu punto de partida

Comezo este camiño nunha pequena illa tropical, unha pinga de terra no Golfo de Tailandia, Illa Tartaruga no noso idioma, Koh Tao en Tai. O certo é que tartarugas quedan poucas. As persoas chegaron (chegamos) e elas marcharon (afortunadamente non todas) na procura de praias tranquilas onde poder continuar o ciclo da vida. Un animal prehistórico do que fascina esa tranquilidade nos seus movementos, unha torpeza en terra que torna en axilidade no mar.

domingo, 19 de abril de 2015

Marcho que teño que marchar

Quen non pensou algunha vez en deixalo todo despois de regresar de vacacións. Pouco a pouco a rutina mata o soño e todo volve a esa normalidade gris onde un día precede a outro sen demasiada diferenza. Unha vida ordenada, predecíbel, onde fas o que debes facer (aínda que eu nunca fun de facer “o que debes facer”). As vacacións son simplemente un paréntese máxico onde regresamos a infancia para vivir con intensidade, saboreando cada momento e descubrindo algo novo cada día. Intenso pero breve. 

Todo comeza coa primeira viaxe. A curiosidade por descubrir o descoñecido, por estar neses lugares que unicamente ves en fotografías e na tele, por vivir en primeira persoa o que semella inalcanzábel. Escaparte dos itinerarios programados e sentir realmente a aventura do diferente. Viaxar no espazo e no tempo. Cando comezas, unha forza invisíbel atrapa para sempre o máis profundo do teu ser. Xa non podes parar. Pensas no teu próximo destino. Planificas a viaxe. Preparas a mochila. Un billete de ida e volta. Sempre con volta. 
 

Sample text

Sample Text

 
Blogger Templates