Quen
non pensou algunha vez en deixalo todo despois de regresar de
vacacións. Pouco a pouco a rutina mata o soño e todo volve a esa
normalidade gris onde un día precede a outro sen demasiada
diferenza. Unha vida ordenada,
predecíbel, onde fas o que debes facer (aínda
que eu nunca fun de facer “o que debes facer”).
As vacacións son simplemente un paréntese
máxico onde regresamos a infancia para vivir con intensidade,
saboreando cada momento e descubrindo algo novo cada día. Intenso
pero breve.
Todo comeza coa primeira viaxe. A curiosidade por descubrir o descoñecido, por estar neses lugares que unicamente ves en fotografías e na tele, por vivir en primeira persoa o que semella inalcanzábel. Escaparte dos itinerarios programados e sentir realmente a aventura do diferente. Viaxar no espazo e no tempo. Cando comezas, unha forza invisíbel atrapa para sempre o máis profundo do teu ser. Xa non podes parar. Pensas no teu próximo destino. Planificas a viaxe. Preparas a mochila. Un billete de ida e volta. Sempre con volta.
Todo comeza coa primeira viaxe. A curiosidade por descubrir o descoñecido, por estar neses lugares que unicamente ves en fotografías e na tele, por vivir en primeira persoa o que semella inalcanzábel. Escaparte dos itinerarios programados e sentir realmente a aventura do diferente. Viaxar no espazo e no tempo. Cando comezas, unha forza invisíbel atrapa para sempre o máis profundo do teu ser. Xa non podes parar. Pensas no teu próximo destino. Planificas a viaxe. Preparas a mochila. Un billete de ida e volta. Sempre con volta.
Así
é a vida para a maioría de mortais na nosa sociedade occidental.
Once meses de rutina e un mes de vacacións. Ano tras ano. Ano tras
ano. Moitas persoas atopan a felicidade nesa forma de vida. Porén,
hai outras que con iso non teñen suficiente e transforman a súa
vida nunha viaxe constante. Sempre te cruzas, en diferentes puntos do
teu camiño, con estes seres estraños
que só teñen billete de ida.
"Imaxina
que a vida é isto" repetía eu constantemente. Unha viaxe onde
unicamente coñeces o punto de partida e o destino é o propio
camiño. Polo xeral, somos animais de costumes que preferimos facer o
que vimos facendo por ese simple motivo. Escribir biografías
ordenadas
dentro da nosa zona de confort. O descoñecido produce vértigo
unicamente
por ser descoñecido. Soñar con outra vida é doado. Tomar a
determinación de intentar transformar o soño en realidade é
complicado.
Amo
a miña terra e foi complexo tomar a decisión de
marchar.
Desde pequena pensaba en pasar a miña vida no mesmo lugar, Vigo.
Vivindo mil aventuras pero sempre regresando a ese campo base de
loita proletaria. No meu caso, non sucedeu nada traumático que
forzara a miña decisión. Simplemente
fun marchando un pouco con cada viaxe até chegar o día do billete
sen volta.
Emprendo a mesma viaxe que moitas galegas e galegos fixeron antes coa condena do exilio por non poder vivir nunha terra secuestrada.
Diferentes circunstancias. Mesmo resultado.
As
árbores estenden
a súas raíces na mesma terra, desde que nacen até que morren. Máis
presas do mesmo lugar co pasar do tempo. Unha vida estática
para sempre. Eu non quero ser unha árbore. Pasiva e inmóbil.
Eu quero ser un ave que voa dun lugar a outro. Coas
raíces na miña terra, pero sempre con as para percorrer o mundo.
Comeza
aquí un novo camiño da miña existenza.
Simplemente, marcho que teño que marchar...
Mércores 22 de abril de 2015

Estás viviendo tu sueño. ¿ Acaso la vida no es soñar? Espero poder seguir leyéndote y que le cuentes a Tomatito tus historietas viajeras, tipo el Tío Matt, de los Fraggles.. ¡ Ojiplática se va a quedar, oiga! Mucha mierda, Brujilda.
ResponderEliminarImposible explicarlo mejor
ResponderEliminar